Categorías

As prestacións por maternidade da Seguridade Social están exentas do IRPF, segundo unha recente sentenza do Tribunal Supremo

05/10/2018· DEREITO TRIBUTARIO

As prestacións públicas por maternidade da Seguridade Social, que as mulleres perciben durante a baixa de 16 semanas tras o nacemento dun fillo, están exentas de tributar no IRPF, conclúe o Tribunal Supremo nunha recente sentenza, en contra do criterio que ata o de agora mantiña a Axencia Tributaria.

Así, a Sala 3ª do TS, do Contencioso Administrativo, desestima un recurso da Avogacía do Estado, e confirma unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, de xuño de 2017, que estimando o recurso interposto, ordenaba a facenda que devolvera a cantidade ingresada no IRPF de 2013, pola prestación por maternidade con cargo á Seguridade Social percibida no dito exercicio.

O abogado do Estado recorreu ao Supremo esta sentenza ao considerala contradictoria cos fallos dos Tribunais Superiores de Castela e León e Andalucía, argumentando que a prestación por maternidade da Seguridade Social ten como función substituír a retribución normal, que non está exenta do IRPF e que obtería a contribuínte polo seu traballo habitual, que deixou de percibir ao disfrutar do correspontente permiso. Por iso, entendía que non cabe extender a estas prestacións a exención que o artigo 7 da Lei do IRPF sí establece para estas prestacións cando proceden das comunidades autónomas ou entidades locais.

En cambio, na sentenza, o Tribunal Supremo considera que a prestación por maternidade a cargo do INSS sí pode incluirse no suposto previsto no artigo 7.3,h) da Lei do IRPF.

Pídanos cita previa para una primera consulta gratuita

Tratamos cualquier problema jurídico como divorcios, comunidad de propietarios, alcoholemias, herencias, despidos, delitos y faltas, derecho fiscal y tributario, urbanismo, accidente laborales.