Especialistas en dereito penal, laboral, administrativo...

En Unión Avogadas cubrimos todo tipo de asuntos relacionados coa nosa competencia e elaboramos un completo asesoramento xurídico. Atendemos casos relacionados con todas as ramas do dereito grazas a nosas excelentes profesionais licenciadas: dereito da Seguridade Social, dereito contencioso e laboral...

Dereito Civil e penal

Mar Rodríguez Giadás

  • Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1993-1998).
  • Posgrao en Dereito Tributario (1999).
  • Escola de práctica xurídica de Santiago de Compostela (2000-2002).
  • Avogada en exercicio dende 2002 (Colexiada Nº 2.709 do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra).
  • Especialista en Dereito Penal e Civil.

Dereito Administrativo e contencioso

Mariana Fernández Caamaño

  • Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña.
  • Programa de Formación da Escola de Práctica Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela (2000-2002).
  • Certificado de Aptitude Profesional do Consello Xeral da Avogacía Española.
  • Avogada en exercicio dende o ano 2003.
  • Colexiada nº 1934 do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.
  • Especialista en Dereito Administrativo.

Dereito laboral

Lourdes Castelo Sesar

  • Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
  • Programa de Formación da Escola de Práctica Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela (2000-2002).
  • Certificado de Aptitude Profesional do Consello Xeral da Avogacía Española.
  • Avogada en exercicio desde o ano 2003.
  • Colexiada nº 2099 do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.
  • Avogada laboralista. Especialista en dereito laboral e da Seguridade Social.

Áreas de traballo de Unión Avogadas

Dereito penal

  • Asistencia a detidos e declaracións de investigados por toda clase de delitos.
  • Formulación de denuncias e querelas.
  • Intervención como defensa ou acusación de todo tipo de xuízos e procedementos penais: delitos leves, xuízos rápidos, procedementos abreviados.
  • Cancelación de antecedentes penais e policiais.
  • Refundición de penas.

Dereito civil

  • Accidentes de tráfico: reclamación indemnización de lesións, secuelas, danos materiais e morais, gastos, asistencia sanitaria, ganancias que se deixan de obter).
  • Familia: divorcio exprés, mutuo acordo e contencioso, solicitude de medidas urxentes, custodia fillos e réxime visitas, pensión alimentos e compensatoria, uso vivenda, modificación medidas definitivas, liquidación réxime económico matrimonial, execución medidas adoptadas en procesos de familia, reclamación alimentos ao proxenitor residente no estranxeiro.
  • Reclamacións bancarias: nulidade de cláusulas en préstamos hipotecarios, paralización poxas e execucións hipotecarias, lei segunda oportunidade, hipoteca inversa, hipoteca multidivisa, swap, titulizaciones bancarias, cancelación de avais bancarios...
  • Herdanzas: últimas vontades, declaracións herdeiros, liquidación impostos sucesións e plusvalía, inventario, valoración de bens, adxudicación de bens a herdeiros.
  • Propiedade horizontal: asesoramos e intervimos nas cuestións máis habituais relacionadas con comunidades de propietarios e edificios por pisos coma: estatutos e normas de réxime interior: redacción e interpretación de documentos relativos ao edificio; unión ou división de pisos e locais; obras permitidas e prohibidas, melloras no edificio; actividades prohibidas: molestias, ruídos; incumprimento de obrigacións por propietarios; reclamacións a propietarios morosos de cotas e derramas; asistencia e intervención en xuntas ordinarios e extraordinarias; impugnación de acordoscomunitarios…
  • Arrendamentos rústicos e urbanos: Os nosos servizos comprenden, desde a realización dun contrato de arrendamento adaptado ao seu caso (rústico, de vivenda, de local de negocio, de industria…) ata a resolución de posibles conflitos entre inquilino e arrendador e viceversa: reclamación de rendas e outras cantidades, resolución de contratos, incumprimentos contractuais…
  • Reclamacións contra compañías telefónicas e compañías aéreas

Dereito administrativo e contencioso

  • Facemos alegacións en calqueraa tipo de expediente administrativo: recursos administrativos ordinarios (recurso de alzada, recurso de reposición), revisión de oficio
  • Estranxeiría: solicitude, denegación de concesión ou renovación de permiso de residencia, nacionalidade, reagrupación familiar, asistencia sanitaria, autorización traballo, carta invitación, prórroga de estancia, reagrupación familiar, expedientes de nacionalidade, asilo, visados…
  • Responsabilidade patrimonial da administración: reclamacións de danos e lesións cando exista responsabilidade da administración, tramitación en vía administrativa e contenciosa.
  • Infraccións e sancións: tramitación en vía administrativa e contenciosa de calqueraa tipo de sanción administrativa (tráfico, tributaria, consumo, transporte…)
  • Expropiacións: intervención en todas as fases do proceso expropiatorio.
  • Urbanismo: plan, xestión e disciplina urbanística.
  • Subvencións e axudas: asesoramento tanto na tramitación das solicitudes como nos procedementos iniciados pola Administración solicitando o seu reintegro.

Dereito laboral e da Seguridad Social

  • Despedimentos e extincións de contrato de traballo a vontade do traballador: tramitación de todo tipo de procedementos de despedimento, ben sexa disciplinario ou obxectivo, así como procedementos de extinción de contratos de traballo por incumprimentos graves do empresario.
  • Reclamación de salarios: tramitación de procedementos nos que se reclame mensualidades de salario non abonados, así como reclamación de complementos ou horas extras.
  • Recoñecemento de cualificación profesional.
  • Recoñecemento de existencia de relación laboral.
  • Modificacións substanciais das condicións de traballo: procedementos que se dirixen a impugnar calqueraa decisión empresarial que supoña unha mobilidade funcional ou territorial, unha modificación de xornada, unha redución de salarios.
  • Conciliación da vida persoal, laboral e familiar: tramitación de procedementos nos que se solicite algún tipo de permiso retribuído como maternidade, paternidade, vacacións (a gozar fóra de períodos de baixa por embarazo, parto, lactación ou coincidentes con paternidade, maternidade)... como permisos non retribuídos como a redución de xornada con solicitude de modificación de horario e excedencias.
  • Accidentes de traballo: reclamación das indemnizacións que se poidan derivar dun accidente de traballo.
  • Conflitos por vacacións.
  • Reclamación de prestacións de Incapacidade Temporal.
  • Impugnación de alta médica.
  • Tramitación de Incapacidades Permanentes: tramítase todo o procedemento desde a previa solicitude ante o órgano competente ata o procedemento xudicial no caso de que iso fose necesario.
  • Procedementos contra a Seguridade Social: tramitación completa incluíndo reclamación previa, demanda e xuízo.
  • Recursos contra actas da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
  • Procedementos solicitando certificados de minusvalía.

Recorra á experiencia de Unión Avogadas para calquera conflito ou solicitude de asesoramento xurídico. Brindámoslle unha primeira cita gratuíta no noso despacho en Santiago de Compostela.

Pídanos cita previa para unha primeira consulta gratuíta

Tratamos calquera problema xurídico como divorcios, comunidade de propietarios, alcoholemias, herdanzas, despedimentos, delitos e faltas, dereito fiscal e tributario, urbanismo, accidente laborais.